INICIO CONTACTAR
 
XABARIN
Sus scrofa

ORDEN: Artiodactyla.
FAMILIA: Suidae.

DESCRIPCIÓN: Cabeza moi voluminosa, rematada por unha gran cara e dúas orellas grandes e peludas. Na cabeza posúe, ademáis ollos pequenos e colmillos grandes e fortes, prominentes nos machos de avanzada idade; colmillos que desfiguran os belfos quedando visibles e ó descuberto.
A súa pel está protexida por unha grosa capa de graxa de varios centímetros de grosor. No exterior, grosos pelos ou cerdas recubren a maior parte da súa superficie corporal.
Os xóvenes diferéncianse entre rallóns nos primeiros meses de vida, e vermellos, dende os seis meses.

COSTUMES: Crepuscular e nocturno, pode ter actividade diurna alá onde non se sinta acosado. Os grandes machos viven sós, en tanto as femias soen agruparse entre sí coas crías. Grupos pouco numerosos. O período de celo discorre entre finais de outono e durante o inverno.
A alimentación é practicamente omnívora, con predilección por vexetais campestres, sobretodo landras.

 

 
LEBRE COMÚN
Lepus granatensis

ORDEN: Lagomorpha.
FAMILIA: Leporidae.

DESCRIPCIÓN: Ten un gran parecido co coello común, pero é máis grande e esbelta. Pelaxe pardo claro no dorso, con tintes vermellos ou alaranxados nos flancos. Partes inferiores brancas. Orellas moi longas, de 8-10,5 cm. Lonxitude cabeza e corpo: 40-68 cm. O rabo, pequeno e negro polo dorso, mide tan só 7-11 cm. Pé posterior 9.5-15 cm. O peso pode oscilar entre os 1,5 e os 3 kg, se ben existen citas esporádicas de exemplares que superan os 4.

COSTUMES: Nocturna máis que diurna, pasa o día encamada nun lugar protexido. A época de celo volve ós machos descoidados, quenes pasan o día enzarzados en combates de 'boxeo' moi espectaculares. Corre a gran velocidade cando está espantada. Alimentación vexetariana: gramíneas, cereais, herba e xemas. O período reproductor abarca de marzo a outubro e cada femia soe ter 2-3 camadas, a primeira de 1-2 lebratos e as seguintes máis numerosas, pero xeralmente nunca maiores de 5.

 

 

CORZO
Capreolus capreolus

ORDEN: Artiodactyla.
FAMILIA: Cervidae.

DESCRIPCIÓN: Grácil animal de talla mediana, coas patas traseiras máis longas que as dianteiras, o que lle reporta un aspecto desproporcionado. Ollos negros, grandes e prominentes. Bozal negro na cabeza, grandes orellas sempre tesas e cornos só presentes nos machos, que se reducen a un par de apéndices curtos que varían en función da idade do individuo.
Miden entorno aos 20-23 cm. Están adornados de protuberancias ou "perlas" na superficie.
Os exemplares adultos teñen un peso non superior a 30 Kg, presentan unha lonxitude de cabeza-corpo da orde de 85-125 cm e unha altura na cruz de apenas 75 cm. O rabo, pequeno, só conta con 2-3 cm.

COSTUMES: Máis nocturno que diurno, mostra períodos de actividade ó amencer e á noitiña. Onde non é molestado polo home, tamén pasea en pleno día en busca de alimento. Vólvese solitario e agresivo en primaveira, durante o celo, na que os machos pelexan entre sí ó tempo que acosan as femias describindo círculos ó seu redor.

 

 

COELLO COMÚN
Oryctolagus cuniculus

ORDEN: Lagomorpha.
FAMILIA: Leporidae.

DESCRIPCIÓN: De tamaño mediano, cunha lonxitude cabeza-corpo de 60-90 cm e un rabo empenachado característico de 35-45 cm. Os maiores exemplares alcanzan os 10 Kg , se ben o normal son os 6-7. Cabeza ancha, co fuciño puntiagudo e orellas grandes e triangulares. Os dedos das patas teñen as almofadiñas negras. A pelaxe varía de pardo roxizo a pardo grisáceo, co ventre branco ou negruzco.

COSTUMES: Presenta hábitos marcadamente crepusculares e nocturnos. Pode, non obstante, deambular durante o día polas inmediacións dos vivares, se ben non se alonxa moito dos buratos de entrada. No inverno reducen considerablemente a súa actividade se as inclemencias meteorolóxicas llo esixen.
O período reproductor exténdese ó longo de todo o ano e cada femia fértil podo ter de 5 a 7 camadas.
A alimentación desta especie é basicamente herbívora. Moi amantes de todo tipo de raíces.

 

 

RAPOSO COMÚN
Vulpes vulpes

ORDEN: Carnivora.
FAMILIA: Canidae.

DESCRIPCIÓN: De tamaño mediano, cunha lonxitude cabeza-corpo de 60-90 cm e un rabo empenachado característico de 35-45 cm. Os maiores exemplares alcanzan os 10 Kg , se ben o normal son os 6-7. Cabeza ancha, co fuciño puntiagudo e orellas grandes e triangulares. Os dedos das patas teñen as almofadiñas negras. A pelaxe varía de pardo roxizo a pardo grisáceo, co ventre branco ou negruzco.

COSTUMES: Esencialmente crepuscular e nocturno. Solitario, excepto na época de celo. Bo corredor, nada con soltura e é capaz de trepar ás árbores.

 

 

ESQUÍO COMÚN
Sciurus Vulgaris

ORDEN: Rodentia
FAMILIA: Sciuridae

DESCRIPCIÓN: Recoñecible grazas ó seu longo e poboaado rabo. As súas medidas, para cabeza e corpo sitúanse en 20-28 centímetros e para o rabo en 14-25 centímetros. Da súa anatomía destacan as orellas, adornadas por longos pelos enhestos. O tono da pelaxe é pardo vermello, con variedades moi notables que poden ir do castaño claro ata o máis escuro imaxinable (prácticamente negro) ou negruzco.

COSTUMES: Como todos os roedores, o esquío desenrola unha intensa actividade diaria, motivada tanto pola obtención de comida, como polo xogo ou o sinxelo entretenemento.